Proxecto pedagóxico que desenvolve a alfabetización cinematográfica, mediática e dixital fomentando a creatividade e o traballo cooperativo e multidisciplinar do alumnado utilizando as ferramentas TIC. É unha aprendizaxe baseada en proxectos ABP onde se fomenta a educación en valores.
O obxectivo fundamental é fomentar o pensamento crítico no alumnado a través dunha mirada atenta e reflexiva e a creatividade para formar cidadáns con valores sociais e democráticos.