Para desenvolver unha experiencia ou proxecto de alfabetización cinematográfica podedes utilizar como referencia estas guías didácticas (en galego e castelá) realizadas por Sergio Clavero, profesor de Artes e Cultura Audiovisual e creador e responsable do proxecto Aturuxo Films.
UNIDADES DIDÁCTICAS
1. Esta unidade didáctica sintetiza os obxectivos, os contidos, a metodoloxía e ofrece consellos para o desenvolvemento dun proxecto de creación cinematográfica na aula de xeito eficaz e sinxelo.
CREA UNHA CURTAMETRAXE NA AULA
CREA UN CORTOMETRAJE EN EL AULA
2. Nesta unidade desenvólvense os contidos e a metodoloxía de traballo para un proxecto de linguaxe cinematografica e para a opción específica do traballo coa animación.
3. Para unha correcta alfabetización cinematográfica e mediática é necesario desenvolver a análise de obras audiovisuais. A publicidade permite unha análise profunda para recoñecer as mensaxes que conducen a adquisición dun produto. Nesta unidade encontrades as claves da publicidade e fichas para a análise e a reflexión do alumnado.