FORMACIÓN

Unha das importantes liñas de traballo de Aturuxo Films é a formación de profesorado trasladando os contidos, estrutura e metodoloxía deste proxecto aos docentes co obxectivo de replicarlo en centros de todas as etapas educativas. É necesario subliñar a necesidade de desenvolver as alfabetizacións das linguaxes visual e cinematográfica, mediática e dixital de xeito integral nas materias específicas e no currículo e o proxecto educativo dos centros como recolle a lexislación vixente.

Para iso participamos en diferentes Congresos e Xornadas como relatores e impartimos cursos e obradoiros de formación de profesorado organizados por institucións educativas e culturais sobre innovación, desenvolvemento da creatividade e alfabetizacións cinematográfica, mediática e dixital.