ALFABETIZACIÓN CINEMATOGRÁFICA

O desenvolvemento dun proxecto creativo de alfabetización cinematográfica permite traballar cada unha das sete competencias clave da Educación e facilita un traballo interdisciplinar, transversal e colaborativo para a construción do coñecemento e o desenvolvemento de destrezas de numerosas áreas e disciplinas. Estes proxectos deben estar integrados nas programacións didácticas e deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe en máis dunha competencia ao mesmo tempo.

Polo tanto unha experiencia de alfabetización cinematográfica debe ser un proxecto a longo prazo que permite a reflexión e o desenvolvemento de ideas a través de metodoloxías activas e donde o alumnado colabora para construír o seu propio coñecemento traballando todas e cada unha das competencias clave grazas o seu carácter transversal e multidisciplinar.