Aturuxo Films é un proxecto pedagóxico que desenvolve a alfabetización cinematográfica e mediática curricularmente nas aulas e engloba programacións, material didáctico, formación de profesorado e asesoría para implantar estes contidos nos proxectos educativos de centro.
A súa proposta didáctica define a experiencia cinematográfica como un proceso que nos permite reeducar a mirada a través da alfabetización na súa linguaxe e aproveitar as súas metodoloxías e procesos de creación para abordar desde a reflexión crítica e a sensibilidade calquera temática partindo da realidade social e cultural. E o cinema, como a súa representación artística, permite ao alumnado construír o seu propio coñecemento a través da reflexión tras o visionado de películas e os procesos de creación das súas propias pezas cinematográficas.
Responde aos chamamentos da UNESCO dende a década dos 70 e da UE concretado no ano 2007 Media Literacy para incluír estes contidos no deseño curricular.
MEMORIA PROXECTO ATURUXO FILMS
PREMIO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS EN CENTROS DOCENTES 2019. Ministerio de Educación.
1º PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2018 Xunta de Galicia
PREMIO DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2014 Ministerio de Cultura
1º PREMIO INNOVAGAL 2021 Xunta de Galicia
1º PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA 2023 UGT GALICIA
PEONZA DE ORO PREMIOS ESPIRAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2020
MENCIÓN ESPECIAL PREMIOS GRANDES INICIATIVAS 2020 FUNDACIÓN ATRESMEDIA
MENCIÓN PREMIOS DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2013. Ministerio de Cultura
PREMIO CISS PRAXIS LABOR DOCENTE 2013. Cuadernos de Pedagogía – Cinema Jove
FINALISTA PREMIOS MENTES AMI 2022 Fundación Atresmedia