Vidas en sombra en A Revista da TVG

A curtametraxe Vidas en sombra foi seleccionada na Mostra de Cine Xuvenil de Vigo dentro do Festival Primavera de cine que tivo lugar o pasado 25 de maio. Acudimos á mostra cos alumn@s creadores para presentar a obra e foi unha experiencia moi interesante. O programa da TVG A Revista fixo unha reportaxe de dita mostra onde aparecen imaxes, no inicio da mesma, da curta Vidas en sombra.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-334868

(10´ 30″ da reprodución).


FINALISTAS EN CINEMA JOVE 2012

Un ano máis unha curtametraxe de Aturuxo films é seleccionada finalista para o Encontro Audiovisual de Xóvenes de CINEMA JOVE de Valencia. Nesta ocasión ca curta VDAS EN SOMBRA creada polo alumnado de Cultura audiovisual do curso pasado. Como en edicións anteriores acudiremos para participar na programación do festival e presentar a nosa curtametraxe. Aproveitamos para informar que tamén seleccionaron finalista a curta Spots sociais no Timeline film Festival de Milán do pasado Abril pero que, por diversas circunstancias, non puidemos acudir.

 Noraboa a todos os creadores destas excelentes curtas.

IES CACHEIRAS NAS NOVAS DE TV

O concurso de vídeo PLAN CONTIGO está a ter unha gran repercusión nos medios de comunicación tanto en prensa como na TV. Aquí tedes o enlace aos informativos da SEXTA, no minuto 30 aparece a nova do vídeo gañador do IES Cacheiras. Tamén saíu no informativo da 1ª de TVE no minuto 31´ 30″. (Telediario do sábado 15:00 h.) e  Telecinco no minuto 15´ 30″ do seu contador descendente.

http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/ultimo_informativo_emitido/508943

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/telediario-15-horas-05-11-11/1241875/?date=1320523854336

http://www.telecinco.es/Informativos/Informativos_Fin_de_Semana/Informativo_Fin_de_Semana_3_1499280103.html

Reiterar os parabéns ás alumnas creadoras da curtametraxe.

GAÑADORES DO CONCURSO PLAN CONTIGO

A curtametraxe ALONE creada por alumnas do IES de Cacheiras na materia de Linguaxe audiovisual e medios dixitais gañou o 1º concurso de vídeos  dentro do PLAN  CONTIGO da Policía Nacional e da Garda Civil que é o espazo en Tuenti no que os xóvenes encontran información de utilidade e consellos de seguridade para situacións  como a navegación en Internet, o manexo do perfil nas redes sociais, evitar riscos na carretera, a loita contra o acoso escolar ou bullying, os perigos das drogas…

 

ALONE reflexiona sobre o acoso escolar

 

NORABOA A TÓDALAS ALUMNAS PARTICIPANTES.

ENREDADO na web CINEMA JOVE

Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Enredado que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia gañando a Mención ao mellor son e que está colgada na súa web.

OUFF ESCOLA 2011

Un ano máis participamos no certame audiovisual OUFF escola que vaise celebrar en outubro. Nesta ocasión coas obras A UN PASO curtametraxe de ficción e SPOTS SOCIAIS conxunto de spots de sensibilización en temas como a igualdade de xénero, o medio ambiente e educación para a paz, entre outros.  Este ano a principal novidade é a inclusión do premio do público. Anímovos a que votedes na web de ouff escola seguindo ás instruccións.

Accede pinchando na imaxe

PREMIADOS EN VALENCIA

Como xa sabedes este ano tamén participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove celebrado en Valencia. Unha experiencia moi interesante onde os 47 centros seleccionados mostran o seu traballo na creación audiovisual. Nesta edición acudimos, ca curtametraxe ENREDADO, Daniel Cajade en representación dos catorce compañeiros ca fixeron e Sergio Clavero como profesor responsable. Ademáis das proxeccións de tódalas curtas programáronse algunhas actividades moi interesantes como o visionado do filme O gabinete do doctor Caligari coa interpretación da súa banda sonora en directo.

Este ano tivemos premio ca mención especial do xurado ao mellor son.

NORABOA a tod@s

DANIEL CAJADE PASCUAL /  MARÍA REGO SILVA

TANIA MUNÍN SEGADE  /  LAURA QUEIRO LORENZO

 XEILA DOPAZO FERREIRA  / ANDREA CAMPOS MENDOZA

LAURA MARINA MONTES CAMIÑO  /  NATALIA GARCÍA GARRIDO

LORENA FERNÁNDEZ DUVAL  /  VÍCTOR HUGO NÚÑEZ PÉREZ

BRAIS RODRÍGUEZ BOUZAS  /  ROI MÉNDEZ MARTÍNEZ

Un ano máis en CINEMA JOVE

Un ano máis estamos seleccionados no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove de Valencia. Nesta ocasión participamos coa curtametraxe ENREDADO feita polo alumnado de Cultura Audiovisual. Celébrase do 18 ao 21 de xuño e acudiremos invitados pola organización para asistir ás proxeccións das curtas participantes e presentar a experiencia educativa que desenvolve o IES Cacheiras no campo da formación e creación audiovisual. Esperamos poder representar con dignidade a tódala comunidade educativa.

DIFUSIÓN DAS ACTIVIDADES

Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Pequenas obsesións que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia e que está colgada na súa web.

PREESTRENO

ATURUXO FILMS organiza a proxección das curtas feitas nas optativas Linguaxe audiovisual e medios dixitais e Cultura Audiovisual polo alumnado do centro no curso 2009-10 e 2010-11. Trátase dun preestreno dalgunhas das obras que se completará cun pase completo ao final de curso.

 

MARTES 12 ABRIL
3ª HORA 2º ESO
4ª HORA 3º ESO
5ª HORA 4º ESO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

PROGRAMA

 

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S

A CREATIVIDADE en REDES

Neste capítulo do programa REDES fálase da importancia da potenciación da creatividade no sistema educativo e no ámbito familiar.

Animo a nais, pais e alumnado a que o vexan porque poden chegar a moitas conclusións positivas.

Podes velo pinchando na imaxe.

 

 

ZUREVISION 2011

Dous spots sociais creados polo alumnado de Cultura Audiovisual foron seleccionados no Concurso Internacional de Spots Sociais ZUREVISION 2011 organizado pola ONG Mugarik Gabe. Como na edición anterior os nosos spots van ser proxectados nas diferentes sesións da Mostra de Cine e Cooperación ZUREVISION que vaise celebrar en Bilbao, Vitoria-Gasteiz e Donostia. O tema desta edición foi as violencias machistas co obxectivo de sensibilizar sobre aquelas violencias que sofren as mulleres como manifestación da discriminación e da situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de poder dos homes sobre as mulleres.

Tamén foi seleccionado o spot Hai saída feito no curso de formación do profesorado e que tedes no Canal de TV Aturuxo films e neste blog.

No seguinte enlace tedes o programa da Mostra.

http://www.mugarikgabe.org/pdfcine/prozurevision.pdf

Noraboa a tódolos autores e sorte.