Comezamos o curso 2012-13 na educación audiovisual con 40 novos alumn@s de 3º e 4º ESO. E para celebralo estreamos a curtametraxe O ESPERTAR na Calne de TV de Aturuxo films. Foi creada por alumnado de 4º ESO na materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais.
FINALISTAS PREMIO FUNDACIÓN TELEFÓNICA INNOVACIÓN EDUCATIVA
A experiencia educativa de creación e formación audiovisual ATURUXO FILMS que se está desenvolver no IES Cacheiras foi seleccionado FINALISTA do PREMIO FUNDACIÓN TELEFÓNICA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA no que participan máis de 2.200 profesores de IBEROAMÉRICA. Nesta XIII edición preténdese incentivar a integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación nos procesos de ensinanza.
Noraboa a todo o alumnado que participou nesta experiencia polo seu extraordinario traballo e esforzo, por aprender a traballar en grupo colaborativamente e demostrar que hai outros métodos de aprendizaxe onde tamén a creatividade e as novas tecnoloxías son protagonistas.
“Ha sido una tarea complicada, ya que la calidad de los trabajos presentados es muy alta, pero después de mucho deliberar, ya tenemos el listado de trabajos seleccionados, que podéis consultar como siempre en Delicious. Ahora el Jurado seguirá trabajando en la dura tarea de seleccionar los trabajos ganadores.
¡Enhorabuena a todos los finalistas y a todos los participantes por vuestro gran trabajo!”
Proxección curtas no IES Cacheiras
CARAVANA VILAMOR
Mañá xoves 14 visita o IES Cacheiras a Caravana Vilamor invitados por Aturuxo films. Asístirán o director Ignacio Vilar e os actores e actrices protagonistas para presentar o filme e charlar co alumnado sobre o proceso de creación, anécdotas da rodaxe e iniciar un coloquio.
Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
A actividade comeza ás 10:45 h. no Salón de actos.
Spots Sociais no OLLOBOI 2012
Este ano participamos no Certame Audiovisual OLLOBOI coa curtametraxe SPOTS SOCIAIS (nº 40) feita polo alumnado de 4º ESO de Linguaxe audiovisual e medios dixitais e de 1º bacharelato de Cultura Audiovisual. O ano 2011 participamos ca curta Enredado logrando ser finalistas tanto no Premio do Xurado como no Premio Escolar.
Xa está aberto o voto para o Premio do Público. PARTICIPA e VOTA!
Vidas en sombra en A Revista da TVG
A curtametraxe Vidas en sombra foi seleccionada na Mostra de Cine Xuvenil de Vigo dentro do Festival Primavera de cine que tivo lugar o pasado 25 de maio. Acudimos á mostra cos alumn@s creadores para presentar a obra e foi unha experiencia moi interesante. O programa da TVG A Revista fixo unha reportaxe de dita mostra onde aparecen imaxes, no inicio da mesma, da curta Vidas en sombra.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-334868
(10´ 30″ da reprodución).
FINALISTAS EN CINEMA JOVE 2012
Un ano máis unha curtametraxe de Aturuxo films é seleccionada finalista para o Encontro Audiovisual de Xóvenes de CINEMA JOVE de Valencia. Nesta ocasión ca curta VDAS EN SOMBRA creada polo alumnado de Cultura audiovisual do curso pasado. Como en edicións anteriores acudiremos para participar na programación do festival e presentar a nosa curtametraxe. Aproveitamos para informar que tamén seleccionaron finalista a curta Spots sociais no Timeline film Festival de Milán do pasado Abril pero que, por diversas circunstancias, non puidemos acudir.
Noraboa a todos os creadores destas excelentes curtas.
SPOTS SOCIAIS
Nova estrea na canle de TV ATURUXO FILMS. Trátase dunha curtametraxe formada por spots sociais creados polo alumnado de 4º ESO da materia de Linguaxe audiovisual e medios dixitais e de 1º bacharelato de Cultura Audiovisual durante o curso 2010-2011.
A MOZA TECELÁ
O mércores 18 de abril no 1º recreo proxéctase no Salón de Actos do IES Cacheiras A Moza Tecelá, estrea mundial. Creada polo alumnado de 3º , 4º e 1º bacharelato e a colaboración dos departamentos de lingua galega, música, debuxo e a vicedirección. Combina voz, imaxe e música creadas polo alumnado. Non o perdades.
SPOTS SOCIAIS NOS RECREOS DE CINE
RECREOS DE CINE
ALONE NA TVG
Onte estivemos no plató do programa A Solaina para falar do premio gañado pola curtametraxe ALONE no concurso do PLAN CONTIGO.
Resultou unha experiencia moi interesante e agradable xa que os responsables e presentadores foron moi atentos e fixeron que todo resultase moi doado. Espero que vos guste o resultado da entrevista e que representaramos ao IES de Cacheiras con dignidade.
Pincha na imaxe.
IES CACHEIRAS NAS NOVAS DE TV
O concurso de vídeo PLAN CONTIGO está a ter unha gran repercusión nos medios de comunicación tanto en prensa como na TV. Aquí tedes o enlace aos informativos da SEXTA, no minuto 30 aparece a nova do vídeo gañador do IES Cacheiras. Tamén saíu no informativo da 1ª de TVE no minuto 31´ 30″. (Telediario do sábado 15:00 h.) e Telecinco no minuto 15´ 30″ do seu contador descendente.
http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/ultimo_informativo_emitido/508943
Reiterar os parabéns ás alumnas creadoras da curtametraxe.
GAÑADORES DO CONCURSO PLAN CONTIGO
A curtametraxe ALONE creada por alumnas do IES de Cacheiras na materia de Linguaxe audiovisual e medios dixitais gañou o 1º concurso de vídeos dentro do PLAN CONTIGO da Policía Nacional e da Garda Civil que é o espazo en Tuenti no que os xóvenes encontran información de utilidade e consellos de seguridade para situacións como a navegación en Internet, o manexo do perfil nas redes sociais, evitar riscos na carretera, a loita contra o acoso escolar ou bullying, os perigos das drogas…
ALONE reflexiona sobre o acoso escolar
NORABOA A TÓDALAS ALUMNAS PARTICIPANTES.
ENREDADO na web CINEMA JOVE
Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Enredado que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia gañando a Mención ao mellor son e que está colgada na súa web.





![Vidas en sombra 01 [50%]](https://aturuxofilms.com/wp-content/uploads/2012/05/vidas-en-sombra-01-503.jpg?w=700)




