Xa estamos de volta.
Unha representación do IES Cacheiras, como xa sabedes, foi invitada a Carate Brianza (ao norte de Milán) como nominada a un premio do Festival de cine no ámbito educativo TIMELINE FILM FESTIVAL que organiza o IIS Leonardo da Vinci. Asistimos tres dos alumnos que realizaron Anoitecer, Sonia Iglesias, Camilo Méndez e Jesús Mañá e máis eu como profesor (Sergio Clavero). Quedaron en Cacheiras Elena Junquera, Martina Sanín, Ismael Dono e Patricia Seoane, tamén creadores da curtametraxe, que por diversas circunstancias non poideron acudir.
A experiencia foi inesquecíbel tanto para mín como para os alumnos, que foron aloxados coas familias do centro, pola extraordinaria hospitalidade da comunidade educativa e autoridades de Carate Brianza e polo grande interese das temáticas sociais relacionadas ca xuventude que aborda o festival.
A viaxe de ida resultou máis sinxelo do previsto xa que tiñamos a ameaza da nube tóxica. Chegamos sen problemas a Milán despois de coller un autobús no aeroporto que nos levou ata a stazione centrale de Milano onde quedamos cunha representación do festival xunto con outras delegacións estranxeiras.
De alí a Carate Brianza nos coches dos profesores do IIS Leonardo da Vinci e directamente ao Concello onde asistimos a unha recepción oficial co alcalde para dar a benvida a tódalas delegacións europeas (España, Dinamarca, Austria, Italia e Noruega) que poideron acudir sen problemas tóxicos.
O venres asistimos pola mañá as proxeccións das curtametraxes seleccionadas e tivemos a oportunidade, tralo visionado de Anoitecer, de comentar a nosa experiencia didáctica no campo audiovisual no IES de Cacheiras ao público asistente.
Pola tarde excursión ao Lago di Como para visitar unha exposición de Rubens e o fermosísimo paisaxe natural e urbano da zona.
A última xornada asistimos a ceremonia de entrega de premios e as proxeccións das curtas gañadoras que resultaron de enorme calidade. Houbo dous momentos moi emocionantes, o primeiro co visionado dun documental para sensibilizar aos xóvenes sobre a necesidade de mobilizarse contra a mafia en Nápoles ca presencia de familiares de víctimas da mesma, e o segundo cunha curtametraxe sobre a violencia fascista onde moitos dos asistentes viron , quizais por primeira vez, imaxes do exterminio nazi nos campos de concentración. Unha gran lección formativa.
A nosa curtametraxe recibíu unha mención por parte do festival que deixounos aínda un mellor recordo.
Grazas a tódala comunidade educativa do IIS Leonardo da Vinci e grazas tamén a Raúl Gómez Varó pola súa colaboración, estando sempre disposto a interpretar os personaxes das historias.
Teño que seguir agradecendo a colaboración do Concello de Teo e da ANPA do IES que axudaron económicamente aos alumnos para subvencionar parte da viaxe e o apoio que recibimos dos membros da comunidade educativa do instituto. É gratificante ver recompensado o enorme traballo co recoñecemento que estamos a ter dentro e fora das nosas fronteiras. Moitas grazas a todos de novo.
Máis fotos do TIMELINEFILM FESTIVAL
O simple feito de estar presentes no festival xa é un gran premio, felicidades!
Está moi ben ir abrindo paso.
Un pequeno paso para Europa, un gran paso para Galicia!!
Seguide adiante!
ánimos!