COLABORANDO NA FORMACIÓN

 

 

Dentro das inquietudes de Aturuxo films, como ben sabedes, está extender a educación audiovisual nos centros de ensinanza de Galicia. Por iso propuximos aos centros de formación do profesorado a posibilidade de crear un curso de creación audiovisual dirixido aos docentes de debuxo. Deste xeito a experiencia educativa que estamos desenvolvendo no IES Cacheiras pódese trasladar a outros centros.

Froito deste curso, xa celebrado en novembro, son estes catro spots sociais feitos na fase experimental e que son un bo exemplo do excelente traballo que fixeron os participantes.

2 opiniones sobre “COLABORANDO NA FORMACIÓN

  1. O outro dia vin algun destes videos e chamoume a atencion o de blanco facil . Ao non ter volume nese momento non puiden saber se decian algo , asi que fixeime nos movementos de axedrez . No segundo 19 un peon come a 3 fichas na mesma xogada , e no segundo 28 unha torre movese en diagonal . Isto non é axedrez ! Sintoo 😦

    1. Se ves o spot con audio entenderás que a mensaxe ten que ver ca agresión dos fortes sobre as minorías rompendo as regras. O xadrez funciona como un símbolo dalgunhas realidades sociais.

Os comentarios están pechados.