PREMIO EN CINEMA JOVE 2013

O xurado do Encontro Audiovisual de Xóvenes do Festival Internacional de cine CINEMA JOVE  de Valencia otorgou á experiencia de formación e creación audiovisual ATURUXO FILMS, a través da curtametraxe SPOTS SOCIAIS, o PREMIO de Cuadernos de Pedagogía CISS PRAXIS. Este premio destaca á labor docente do seu profesor responsable Sergio Clavero e o excelente traballo do alumnado participante neste proxecto pola dedicación e apoio á producción audiovisual. Este proxecto desenvólvese no IES Cacheiras desde hai cinco anos cuns resultados moi bos avalados polos numerosos premios recibidos.

Noraboa a tódolos que participan e colaboran con este proxecto educativo.
prensa_imgs_114-clausura-jovenes12

MENCIÓN ESPECIAL EN ITALIA

Volvemos do Timeline filme festival de Carate Brianza (Milán) cunha mención especial que recoñece a calidade da curtametraxe Vidas en sombra creada por alumnado de 1º de bacharelato na materia Cultura audiovisual. A experiencia para os dous alumnos e o profesor que acudiron á cita invitados como finalistas foi extraordinaria pola hospitalidade da organización e a convivencia coas delegacións doutros países participantes como Austria, Croacia e a propia Italia. O intercambio de experiencias educativas de formación audiovisual permítenos enriquecer o noso proxecto co obxectivo de conseguir unha educación integral do alumnado do centro.
Parabén aos creadores de Vidas en sombra por este novo recoñecemento.

603046_463001683784996_139482340_n