Volvemos do Timeline filme festival de Carate Brianza (Milán) cunha mención especial que recoñece a calidade da curtametraxe Vidas en sombra creada por alumnado de 1º de bacharelato na materia Cultura audiovisual. A experiencia para os dous alumnos e o profesor que acudiron á cita invitados como finalistas foi extraordinaria pola hospitalidade da organización e a convivencia coas delegacións doutros países participantes como Austria, Croacia e a propia Italia. O intercambio de experiencias educativas de formación audiovisual permítenos enriquecer o noso proxecto co obxectivo de conseguir unha educación integral do alumnado do centro.
Parabén aos creadores de Vidas en sombra por este novo recoñecemento.
One thought on “MENCIÓN ESPECIAL EN ITALIA”
Os comentarios están pechados.
Eu penso que este instituto debería ser o mellor de toda Galicia (público).O traballo dos profesores e dos mesmos alumnos merecen un grande aplauso.