MENCIÓN PREMIOS ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL

O proxecto de creación audiovisual ATURUXO FILMS que se desenvolve no IES de Cacheiras dende hai seis anos obtivo unha mención por “o labor de respecto aos dereitos de propiedade intelectual, así como polo seu carácter multidisciplinar” nos Premios á Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do ICAA. Estes premios pretenden galardoar aos centros españois que fomentan a alfabetización audiovisual a través do desenvolvemento de proxectos que se materializan na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos os traballos innovadores que contribúan a achegar os alumnos á cinematografía e o audiovisual.

Este curso seguimos con ese labor con 50 novos alumnos e alumnas que se incorporaron a este proxecto a través das optativas de 3º e 4º ESO e 1º bacharelato co obxectivo de lograr unha formación integral nos medios audiovisuais e fomentar o espírito crítico.