NOVOS RECOÑECEMENTOS

FredatSchoolO proxecto de alfabetización audiovisual Aturuxo Films segue suscitando interese e, nesta ocasión, fomos entrevistados polo programa europeo FRED AT SCHOOL. Este é un proxecto innovador que pretende impulsar a alfabetización cinematográfica entre o público novo utilizando a radio dunha forma moderna e estimulante.

Tamén recibimos novos recoñecementos ao excelente traballo realizado polo alumnado. A curtametraxe PERSOAS recibiu o premio Peleón no festival Audiovisual OLLOBOI celebrado o sábado 30 de maio na Casa de Cultura de Boiro.  Esta curta, ademáis, foi proxectada como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.

cropped-camiseta-polbo