O luns 13 de xuño presentouse o proxecto de creación cinematográfica e musical IMAXINANDO MÚSICAS que desenvolven conxuntamente alumnado de ATURUXO FILMS e do CMUS de Santiago de Compostela onde se desenvolveu o acto. Neste proxecto coordinado polos profesores Sergio Clavero (Aturuxo films) e Xosé Antonio Rodríguez (CMUS) preténdese crear un espazo onde o alumnado poida desenvolver o seu talento creativo no ámbito cinematográfico e musical cunha formación e metodoloxía activa.
Froito dese traballo proxectáronse dúas curtametraxes creadas por alumnado do IES de Cacheiras dentro do proxecto de alfabetización cinematográfica Aturuxo Films para os que alumnado do CMUS compuxo a música (PERSOAS e EN LIÑA) e tamén as creacións visuais inspiradas na música composta no CMUS por Sandra Galera e Inés Mirás (Vals e Vals nº2).
Excelente o traballo de todo o alumnado.