SPOT ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA 2009
Autor: SERGIO CLAVERO
Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco na especialidade de audiovisuais. Produtor e director no campo do cine de animación con obras como a curtametraxe “Marejada” do ano 1993. Actualmente profesor de Debuxo e Cultura Audiovisual no IES de Cacheiras e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Creador do proxecto pedagóxico de alfabetización audiovisual ATURUXO FILMS desde o ano 2007. Esta experiencia educativa recibiu numerosos recoñecementos entre os que destacan o Premio Nacional de Buenas Prácticas Educativas 2019 do Ministerio de Educación, o 1º Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 da Xunta de Galicia, o Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Cultura, a Peonza de Ouro nos Premios Espiral e o CISS PRAXIS de Cadernos de Pedagoxía 2013. As curtametraxes feitas polo alumnado neste proxecto recibiron tamén máis de 50 premios nacionais e internacionais en festivais de cine de ámbito educativo e amateur.
CURTAMETRAXES 2007-08
CREATIVIDADE E LINGUAXE AUDIOVISUAL
Benvidos a este novo BLOG que nace co obxectivo de dar a coñecer o traballo que se está a facer no campo da creación audiovisual no IES de Cacheiras. Co nome de Aturuxo Films inaugurouse unha productora donde agrúpanse as diversas experiencias didácticas que se desenvolven en materias como Linguaxe audiovisual e medios dixitais, Cultura audiovisual ou TIC, tanto na ESO como bacharelato. Preténdese desenvolver a capacidade creativa do alumnado a través da narración audiovisual e formar espectadores críticos.
No proceso de creación profundízase nas claves da narración cinematográfica e na utilización dos medios dixitais tendo como constante o traballo en grupo, a colaboración e a comunicación para acadar un obxectivo común: a obra audiovisual.
No proceso de creación profundízase nas claves da narración cinematográfica e na utilización dos medios dixitais tendo como constante o traballo en grupo, a colaboración e a comunicación para acadar un obxectivo común: a obra audiovisual.
Espero que este blog sexa de utilidade para tódala comunidade educativa como un novo canle de comunicación.