IES CACHEIRAS NAS NOVAS DE TV

O concurso de vídeo PLAN CONTIGO está a ter unha gran repercusión nos medios de comunicación tanto en prensa como na TV. Aquí tedes o enlace aos informativos da SEXTA, no minuto 30 aparece a nova do vídeo gañador do IES Cacheiras. Tamén saíu no informativo da 1ª de TVE no minuto 31´ 30″. (Telediario do sábado 15:00 h.) e  Telecinco no minuto 15´ 30″ do seu contador descendente.

http://www.lasextanoticias.com/videos/ver/ultimo_informativo_emitido/508943

http://www.rtve.es/alacarta/videos/telediario/telediario-15-horas-05-11-11/1241875/?date=1320523854336

http://www.telecinco.es/Informativos/Informativos_Fin_de_Semana/Informativo_Fin_de_Semana_3_1499280103.html

Reiterar os parabéns ás alumnas creadoras da curtametraxe.

GAÑADORES DO CONCURSO PLAN CONTIGO

A curtametraxe ALONE creada por alumnas do IES de Cacheiras na materia de Linguaxe audiovisual e medios dixitais gañou o 1º concurso de vídeos  dentro do PLAN  CONTIGO da Policía Nacional e da Garda Civil que é o espazo en Tuenti no que os xóvenes encontran información de utilidade e consellos de seguridade para situacións  como a navegación en Internet, o manexo do perfil nas redes sociais, evitar riscos na carretera, a loita contra o acoso escolar ou bullying, os perigos das drogas…

 

ALONE reflexiona sobre o acoso escolar

 

NORABOA A TÓDALAS ALUMNAS PARTICIPANTES.

PREMIADOS EN VALENCIA

Como xa sabedes este ano tamén participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove celebrado en Valencia. Unha experiencia moi interesante onde os 47 centros seleccionados mostran o seu traballo na creación audiovisual. Nesta edición acudimos, ca curtametraxe ENREDADO, Daniel Cajade en representación dos catorce compañeiros ca fixeron e Sergio Clavero como profesor responsable. Ademáis das proxeccións de tódalas curtas programáronse algunhas actividades moi interesantes como o visionado do filme O gabinete do doctor Caligari coa interpretación da súa banda sonora en directo.

Este ano tivemos premio ca mención especial do xurado ao mellor son.

NORABOA a tod@s

DANIEL CAJADE PASCUAL /  MARÍA REGO SILVA

TANIA MUNÍN SEGADE  /  LAURA QUEIRO LORENZO

 XEILA DOPAZO FERREIRA  / ANDREA CAMPOS MENDOZA

LAURA MARINA MONTES CAMIÑO  /  NATALIA GARCÍA GARRIDO

LORENA FERNÁNDEZ DUVAL  /  VÍCTOR HUGO NÚÑEZ PÉREZ

BRAIS RODRÍGUEZ BOUZAS  /  ROI MÉNDEZ MARTÍNEZ

Experiencia inesquecíbel en Italia

Xa estamos de volta.

Unha representación do IES Cacheiras, como xa sabedes, foi invitada a Carate Brianza (ao norte de Milán) como nominada a un premio do Festival de cine no ámbito educativo TIMELINE FILM FESTIVAL que organiza o IIS Leonardo da Vinci.  Asistimos tres dos alumnos que realizaron Anoitecer, Sonia Iglesias, Camilo Méndez e Jesús Mañá e máis eu como profesor (Sergio Clavero). Quedaron en Cacheiras Elena Junquera, Martina Sanín, Ismael Dono e Patricia Seoane, tamén creadores da curtametraxe, que por diversas circunstancias non poideron acudir.

A experiencia foi inesquecíbel tanto para mín como para os alumnos, que foron aloxados coas familias do centro, pola  extraordinaria hospitalidade da comunidade educativa e autoridades de Carate Brianza e polo grande interese das temáticas sociais relacionadas ca xuventude que aborda o festival.

A viaxe de ida resultou máis sinxelo do previsto xa que tiñamos a  ameaza da nube tóxica. Chegamos sen problemas a Milán despois de coller un autobús no aeroporto que nos levou ata a stazione centrale de Milano onde quedamos cunha representación do festival xunto con outras delegacións estranxeiras.

De alí a Carate Brianza nos coches dos profesores do IIS Leonardo da Vinci e directamente ao Concello onde asistimos a unha recepción oficial co alcalde para dar a benvida a tódalas delegacións europeas (España, Dinamarca, Austria, Italia e Noruega) que poideron acudir sen problemas tóxicos.

O venres asistimos pola mañá as proxeccións das curtametraxes seleccionadas e tivemos a oportunidade, tralo visionado de Anoitecer, de comentar a nosa experiencia didáctica no campo audiovisual no IES de Cacheiras ao público asistente.

Pola tarde excursión ao Lago di Como para visitar unha exposición de Rubens e o fermosísimo paisaxe natural e urbano da zona.

A última xornada asistimos a ceremonia de entrega de premios e as proxeccións das curtas gañadoras que resultaron de enorme calidade. Houbo dous momentos moi emocionantes, o primeiro co visionado dun documental para sensibilizar aos xóvenes sobre a necesidade de mobilizarse contra a mafia en Nápoles ca presencia de familiares de víctimas da mesma, e o segundo cunha curtametraxe sobre a violencia fascista onde moitos dos asistentes viron , quizais por primeira vez, imaxes do exterminio nazi nos campos de concentración. Unha gran lección formativa.

A nosa curtametraxe recibíu unha mención por parte do festival que deixounos aínda un mellor recordo.

Grazas a tódala comunidade educativa do IIS Leonardo da Vinci e grazas tamén a Raúl Gómez Varó pola súa colaboración, estando sempre disposto a interpretar os personaxes das historias.

Teño que seguir agradecendo a colaboración do Concello de Teo e da ANPA do IES que  axudaron económicamente aos alumnos para subvencionar parte da viaxe e o apoio que recibimos dos membros da comunidade educativa do instituto. É gratificante ver recompensado o enorme traballo co recoñecemento que estamos a ter dentro e fora das nosas fronteiras. Moitas grazas a todos de novo.

Máis fotos do TIMELINEFILM FESTIVAL

O IES de Cacheiras en Europa

Novo éxito do alumnado que traballou nas materias de linguaxe audiovisual.

A curtametraxe Anoitecer foi seleccionada no TIMELINE FILM FESTIVAL que vaise celebrar en Carate Brianza (Italia) entre o 19 e o 24 de abril.

É un festival dirixido a centros de ensinanza de toda Europa e presentáronse 300 curtametraxes. Anoitecer foi nominada a un dos premios que vanse entregar no certame ó que estamos invitados a asistir o profesor e tres alumnos.

O obxectivo do concurso é promover e estimular a creatividade e a innovación a través da produción audiovisual co fin de educar aos xóvenes na lectura crítica e responsable da nova linguaxe de comunicación de masas.

Está patrocinado, entre otros, pola Unión Europea UE, O Goberno italiano, UNICEF e a RAI.

Máis información en:

Noraboa.

ZUREVISION 2010

Os Spots sociais feitos polos alumnos de Cultura Audiovisual, optativa de 1º de Bacharelato, foron seleccionados no

III CONCURSO INTERNACIONAL DE SPOTS SOCIALES “ZUREVISION-SOCIAL VISION” 2010

Noraboa aos creadores dos mesmos xa que trátase dun concurso internacional e aberto a tódolo público. Os spots vanse proxectar na programación da Mostra de cine e cooperación ZUREVISIÓN 2010 que celébrase en Euskadi organizado pola ONG Mugarik Gabe.

NORABOA e SORTE


GAÑAMOS O 3º PREMIO NA SECCIÓN OUFF ESCOLA DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

Alumnos e alumnas do IES de Cacheiras obtiveron o 3º premio no Festival Internacional de Cine de Ourense na sección Ouff Escola que naceu co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade; fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.

A obra premiada titúlase Pequenas Obsesións. É unha curtametraxe de dez minutos formada por sete pequenas pezas feitas en grupos por 50 alumnos e alumnas das materias Linguaxe audiovisual e medios dixitais na ESO e Tecnoloxías da Información e da Comunicación no Bacharelato durante o curso 2008-09.
Todas forman no conxunto unha obra única e teñen unha temática común: temores e obsesións que nos soños afloran e removen o noso inconsciente.

O pasado 13 de Outubro trasladámonos a Ourense con 50 alumnos e alumnas para recoller o premio, nun acto organizado a tal efecto, donde se proxectaron as obras premiadas.

Noraboa a todo o alumnado que participou na creación das obras e tamén aos intérpretes das mesmas, alumnos, alumnas e profesores.

GAÑADORES SPOT ANO INTERNACIONAL ASTRONOMÍA 2009

A asociación Nuestros Cielos, a través da web http://www.nuestroscielos.es convocou un concurso de spots publicitarios co motivo da celebración do Ano Internacional da Astronomía e co obxectivo de impulsar a divulgación da astronomía neste ano 2009 no que se celebra o 400º aniversario da observación do ceo cun telescopio por parte de Galileo. Este concurso conta co patrocinio de Eurocosmos, S.L. e está subvencionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

Dirixido tanto a profesorado como alumnado, decidimos participar xa que estábamos a traballar a linguaxe audiovisual na aula e podía ser un exercicio interesante de creación por encargo. Tiñamos dúas semanas para desenvolver unha idea, o guión e rodar, sonorizar e editar o spot.
Adaptándonos ao tempo dispoñible propuxen unha idea e un guión a partires do que o grupo traballou na elaboración das imaxes reais.

A idea pretende captar a primeira emoción da observación do ceo estrelado e por iso centrámonos nas miradas limpas que observan o espectáculo nocturno. O ser humano fronte a grandiosidade e a beleza da natureza. E internándonos neste espectáculo desde a observación da lúa, como fixo Galileo, atopamos en fulgores os principais obxectivos que pretende acadar a conmemoración do Ano Internacional da Astronomía.

Teño que agradecer publicamente a xenerosidade de todo o profesorado e alumnado que participou como actor e actriz na elaboración deste spot, e no só ós que aparecen finalmente na pantalla senón tamén a aqueles que por motivos creativos non están na montaxe final. Grazas a todos.