A curtametraxe Pequenas obsesións tivo unha moi boa acollida no Encontro Audiovisual de Xóvenes celebrado en Valencia dentro do Festival Internacional de cine CINEMA JOVE aínda que non obtivemos premio. A experiencia foi moi interesante xa que permitiunos compartir experiencias con centros de ensino de toda España e chegar a algunhas conclusións que mellorarán o noso proxecto educativo no ámbito da linguaxe audiovisual.
Asistimos as proxeccións de curtas feitas en centros de primaria, secundaria e escolas de cine comprobando o estupendo traballo que se está a facer e presentamos o proxecto educativo que se está a desenvolver no IES Cacheiras. Participamos nos debates sobre a educación do audiovisual e proxectos de cooperación con outros centros e as posibilidades que oferta o Instituto de Tecnoloxías Educativas.
Tamén asistimos a proxección da longametraxe de Lotte Reiniger As aventuras do príncipe Achmed , animación de siluetas, coa interpretación en directo da súa banda sonora. Un espectáculo único.
Por suposto tivemos tempo de facer turismo por Valencia e recorrer as súas rúas.