Benvidos a un novo curso que iniciamos ca mesma ilusión e gañas de traballar na formación audiovisual. Nesta ocasión temos 21 alumnos e alumnas na materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º ESO e 22 na materia Cultura Audiovisual de 1º de bacharelato.
Aínda están pendentes de estreno as curtametraxes feitas polo alumnado do curso 2009-10 pero a modo de avance aquí tedes os carteis das mesmas.
Esperamos facer o estreno durante este trimestre para toda a comunidade educativa pero xa informaremos das datas máis adiante.
Cando poderemos ver na páxina as curtas?
Tedes que ter paciencia. Eu creo que o mellor momento para estrenar as curtametraxes pode ser no festival de nadal. Estaredes puntualmente informados.