Experiencia inesquecíbel en Italia

Xa estamos de volta.

Unha representación do IES Cacheiras, como xa sabedes, foi invitada a Carate Brianza (ao norte de Milán) como nominada a un premio do Festival de cine no ámbito educativo TIMELINE FILM FESTIVAL que organiza o IIS Leonardo da Vinci.  Asistimos tres dos alumnos que realizaron Anoitecer, Sonia Iglesias, Camilo Méndez e Jesús Mañá e máis eu como profesor (Sergio Clavero). Quedaron en Cacheiras Elena Junquera, Martina Sanín, Ismael Dono e Patricia Seoane, tamén creadores da curtametraxe, que por diversas circunstancias non poideron acudir.

A experiencia foi inesquecíbel tanto para mín como para os alumnos, que foron aloxados coas familias do centro, pola  extraordinaria hospitalidade da comunidade educativa e autoridades de Carate Brianza e polo grande interese das temáticas sociais relacionadas ca xuventude que aborda o festival.

A viaxe de ida resultou máis sinxelo do previsto xa que tiñamos a  ameaza da nube tóxica. Chegamos sen problemas a Milán despois de coller un autobús no aeroporto que nos levou ata a stazione centrale de Milano onde quedamos cunha representación do festival xunto con outras delegacións estranxeiras.

De alí a Carate Brianza nos coches dos profesores do IIS Leonardo da Vinci e directamente ao Concello onde asistimos a unha recepción oficial co alcalde para dar a benvida a tódalas delegacións europeas (España, Dinamarca, Austria, Italia e Noruega) que poideron acudir sen problemas tóxicos.

O venres asistimos pola mañá as proxeccións das curtametraxes seleccionadas e tivemos a oportunidade, tralo visionado de Anoitecer, de comentar a nosa experiencia didáctica no campo audiovisual no IES de Cacheiras ao público asistente.

Pola tarde excursión ao Lago di Como para visitar unha exposición de Rubens e o fermosísimo paisaxe natural e urbano da zona.

A última xornada asistimos a ceremonia de entrega de premios e as proxeccións das curtas gañadoras que resultaron de enorme calidade. Houbo dous momentos moi emocionantes, o primeiro co visionado dun documental para sensibilizar aos xóvenes sobre a necesidade de mobilizarse contra a mafia en Nápoles ca presencia de familiares de víctimas da mesma, e o segundo cunha curtametraxe sobre a violencia fascista onde moitos dos asistentes viron , quizais por primeira vez, imaxes do exterminio nazi nos campos de concentración. Unha gran lección formativa.

A nosa curtametraxe recibíu unha mención por parte do festival que deixounos aínda un mellor recordo.

Grazas a tódala comunidade educativa do IIS Leonardo da Vinci e grazas tamén a Raúl Gómez Varó pola súa colaboración, estando sempre disposto a interpretar os personaxes das historias.

Teño que seguir agradecendo a colaboración do Concello de Teo e da ANPA do IES que  axudaron económicamente aos alumnos para subvencionar parte da viaxe e o apoio que recibimos dos membros da comunidade educativa do instituto. É gratificante ver recompensado o enorme traballo co recoñecemento que estamos a ter dentro e fora das nosas fronteiras. Moitas grazas a todos de novo.

Máis fotos do TIMELINEFILM FESTIVAL

O IES de Cacheiras en Europa

Novo éxito do alumnado que traballou nas materias de linguaxe audiovisual.

A curtametraxe Anoitecer foi seleccionada no TIMELINE FILM FESTIVAL que vaise celebrar en Carate Brianza (Italia) entre o 19 e o 24 de abril.

É un festival dirixido a centros de ensinanza de toda Europa e presentáronse 300 curtametraxes. Anoitecer foi nominada a un dos premios que vanse entregar no certame ó que estamos invitados a asistir o profesor e tres alumnos.

O obxectivo do concurso é promover e estimular a creatividade e a innovación a través da produción audiovisual co fin de educar aos xóvenes na lectura crítica e responsable da nova linguaxe de comunicación de masas.

Está patrocinado, entre otros, pola Unión Europea UE, O Goberno italiano, UNICEF e a RAI.

Máis información en:

Noraboa.

Educación Audiovisual

Como xa sabedes no IES Cacheiras ofértanse as optativas:

– Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º e 4º ESO

– Cultura Audiovisual en 1º Bacharelato

Tedes as programacións publicadas neste blog en formato pdf.

 

Esta iniciativa parte do Departamento de Debuxo e a asume o centro pola enorme importancia que ten a alfabetización do noso alumnado na linguaxe audiovisual. Pensamos que é bo que toda a comunidade educativa teña a máxima información sobre a crecente importancia que se está a dar á educación audiovisual nos centros escolares.

Polo tanto ponemos a vosa disposición  algúns documentos de gran relevancia como o Libro Blanco: la educación en el entorno audiovisual, libro de referencia a nivel nacional ou as conclusións do 1º e  2º Encontro Internacional de Educación Audiovisual celebrado en Santiago de Compostela no 2005 e 2006 respectivamente.

 

Libro Blanco: Educación en el entorno audiovisual pdf

Conclusións I Encontro Educación Audiovisual pdf

Conclusións_II_Encontro Educación Audiovisual pdf

 

SPOTS SOCIAIS

Estes spots sociais foron feitos polos alumnos de Cultura Audiovisual como exercicio de creación  unha vez estudiadas e analizadas as estratexias que utiliza a publicidade para manipular os nosos comportamentos e hábitos de consumo.

Pareceunos interesante aplicar estas estratexias ao ámbito da educación en valores e neste caso promovendo o coidado do noso medio ambiente e a igualdade de xénero no traballo.

ZUREVISION 2010

Os Spots sociais feitos polos alumnos de Cultura Audiovisual, optativa de 1º de Bacharelato, foron seleccionados no

III CONCURSO INTERNACIONAL DE SPOTS SOCIALES “ZUREVISION-SOCIAL VISION” 2010

Noraboa aos creadores dos mesmos xa que trátase dun concurso internacional e aberto a tódolo público. Os spots vanse proxectar na programación da Mostra de cine e cooperación ZUREVISIÓN 2010 que celébrase en Euskadi organizado pola ONG Mugarik Gabe.

NORABOA e SORTE


CULTURA AUDIOVISUAL

Como xa sabedes este curso traballamos nunha nova optativa en 1º de bacharelato chamada Cultura Audiovisual, propia de modalidade no bacharelato de Artes, para a que temos matriculados 15 alumnas e alumnos.

Nestes intres están a traballar na creación dun spot publicitario de contido social despois de impartir contidos relativos as extratexias que utiliza a publicidade para influir nas nosas decisións e analizar diversos spots.
Xa están en fase de postprodución polo que esperamos poder mostralos pronto neste blog.

Aquí tedes, a modo de anticipo, un fotograma de cada un deles.

1. Spot ecoloxía: Sobran as palabras

2. Spot Igualdade no traballo



Premio Spot Emoción na prensa

Tedes aquí unha selección dos artículos que deron noticia do galardón que gañamos no concurso ao mellor Spot para a celebración do Ano Internacional da Astronomía, concurso de ámbito nacional.

Voz de Galicia pdf

Galicia dixital pdf

Tamén algunhas fotos que ilustran o acto que organizou o Concello de Teo para felicitar aos alumnos e profesor creadores do mesmo e donde proxectóuse ao público asistente na mediateca O Grilo o Spot gañador a as últimas curtametraxes feitas polos alumnos de Linguaxe audiovisual e medios dixitais.

Por suposto agradecer ao Concello de Teo e o seu alcalde o interés mostrado pola labor que neste campo da educación audiovisual está a desenvolver o IES Cacheiras.

VIDEOTECA no IES CACHEIRAS

Neste curso 2009-10 púxose en funcionamento o préstamo de películas en formato DVD na Biblioteca do centro. Esperamos poder ampliar o seu número tendo en conta a calidade dende o punto de vista artístico, histórico, pedagóxico ou social.
Tamén vanse adquirir series documentais de especial calidade que traten temas de interese para o profesorado no traballo de aula.

Preténdese crear unha cultura cinematográfica, máis alá das carteleras de cine, adquirindo coleccións de grandes clásicos do cine.

Consultar o listado de películas dispoñibles na biblioteca do centro.

CURTAMETRAXES CURSO 2008-09

Estes son os carteis das diferentes curtametraxes feitas polo alumnado na fase de postprodución das mesmas. A promoción é moi importante para achegarnos ao público xa que a exhibición é o fin último deste acto comunicativo sen o que non ten sentido tódolo proceso creativo anterior.

GAÑAMOS O 3º PREMIO NA SECCIÓN OUFF ESCOLA DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

Alumnos e alumnas do IES de Cacheiras obtiveron o 3º premio no Festival Internacional de Cine de Ourense na sección Ouff Escola que naceu co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade; fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.

A obra premiada titúlase Pequenas Obsesións. É unha curtametraxe de dez minutos formada por sete pequenas pezas feitas en grupos por 50 alumnos e alumnas das materias Linguaxe audiovisual e medios dixitais na ESO e Tecnoloxías da Información e da Comunicación no Bacharelato durante o curso 2008-09.
Todas forman no conxunto unha obra única e teñen unha temática común: temores e obsesións que nos soños afloran e removen o noso inconsciente.

O pasado 13 de Outubro trasladámonos a Ourense con 50 alumnos e alumnas para recoller o premio, nun acto organizado a tal efecto, donde se proxectaron as obras premiadas.

Noraboa a todo o alumnado que participou na creación das obras e tamén aos intérpretes das mesmas, alumnos, alumnas e profesores.

AUDIOVISUAL NAS AULAS

Este programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia está dirixido a centros escolares para a divulgación dos medios audiovisuais e as tecnoloxías da información e a comunicación.

Participan 20 centros de secundaria de toda Galicia tras unha selección previa en relación aos méritos presentados por éstes relativos aos contidos do programa.

Este curso participamos en Iniciación á televisión con dúas sesións de 5 horas cada unha. Na primeira de elas e despois dunha introdución teórica ao concepto de televisión e a súa historia explicáronse os pasos para a creación dun programa de TV.
A práctica consistía na gravación en directo dun programa que eles elixiron.

Participaron 70 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO que cursaban a optativa Linguaxe audiovisual e medios dixitais.

Todos eles fixeron diferentes funcións para a gravación dun concurso de televisión, formato elexido por eles mesmos. Así, entre éstas, estaban as técnicas (produción, realización, cámaras, son, rexidor, decorados…), presentadora, concursantes e o público.
Tras os preparativos do programa e un primeiro ensaio exitoso fíxose a gravación en directo do programa.

A experiencia foi moi intensa e enriquecedora grazas á moi boa organización e o gran traballo do alumnado e dos monitores.