PREMIO NO INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL

international_youth_color_horizontal

Este fin de semana celebrouse o I International Youth Film Festival en Plasencia dedicado ás curtametraxes realizadas en centros educativos. Participaron máis de 320 obras de 28 países e a curta Spots Sociais creado por alumnado do IES de Cacheiras dentro do proxecto educativo ATURUXO FILMS foi galardoado co Premio de Medio e Desenvolvemento Sostible. Recolleron o premio Sara e Andrea representando a todos os seus compañeiros xunto a Sergio Clavero, o seu profesor. Acudiron ao festival nun encontro que durou tres días e no que compartiron experiencias relacionadas coa educación audiovisual con alumnos e profesores doutros paises participantes.

Parabén a todos os que integran e participaron en Aturuxo Films e moitas grazas á organización do festival pola excelente experiencia.

971018_670877789638646_1681761857_n

Conservatorio Profesional de Música de Santiago

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela acolle con entusiasmo a invitación de Aturuxo Films para incorporarse ao seu proxecto de creación audiovisual, colaborando desde este ano na curtametraxe PERSOAS, sendo  a alumna do centro Sandra Galeras quen realice a banda sonora que interpretarán tamén alumnos do centro. Deste xeito comeza unha interesante colaboración co IES Cacheiras, que se enriquecerá para o vindeiro curso ca implicación no proxecto da nova materia optativa que se ofertará no centro, Música e cine. Agradecementos a Sergio Clavero pola súa iniciativa e dedicación ao proxecto, mais por todos os premios e resultados acadados cos seus alumnos/as.

Alejandra Escolante. Vicedirectora CMUS Santiago

_dsc6844 (2)

FESTICORTOS 2013

Novo recoñecemento ao traballo do proxecto ATURUXO FILMS no FESTICORTOS de Córdoba en ARXENTINA pola curta Spots Sociais. Prémiase o traballo realizado polos estudantes ao longo de todo o proceso de creación dunha obra audiovisual. Moitas grazas á organización do festival e noraboa a tódol@s participantes na creación dos spots.

1526769_561871203895445_1190022165_n

MENCIÓN PREMIOS ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL

O proxecto de creación audiovisual ATURUXO FILMS que se desenvolve no IES de Cacheiras dende hai seis anos obtivo unha mención por “o labor de respecto aos dereitos de propiedade intelectual, así como polo seu carácter multidisciplinar” nos Premios á Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do ICAA. Estes premios pretenden galardoar aos centros españois que fomentan a alfabetización audiovisual a través do desenvolvemento de proxectos que se materializan na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos os traballos innovadores que contribúan a achegar os alumnos á cinematografía e o audiovisual.

Este curso seguimos con ese labor con 50 novos alumnos e alumnas que se incorporaron a este proxecto a través das optativas de 3º e 4º ESO e 1º bacharelato co obxectivo de lograr unha formación integral nos medios audiovisuais e fomentar o espírito crítico.

PREMIO EN CINEMA JOVE 2013

O xurado do Encontro Audiovisual de Xóvenes do Festival Internacional de cine CINEMA JOVE  de Valencia otorgou á experiencia de formación e creación audiovisual ATURUXO FILMS, a través da curtametraxe SPOTS SOCIAIS, o PREMIO de Cuadernos de Pedagogía CISS PRAXIS. Este premio destaca á labor docente do seu profesor responsable Sergio Clavero e o excelente traballo do alumnado participante neste proxecto pola dedicación e apoio á producción audiovisual. Este proxecto desenvólvese no IES Cacheiras desde hai cinco anos cuns resultados moi bos avalados polos numerosos premios recibidos.

Noraboa a tódolos que participan e colaboran con este proxecto educativo.
prensa_imgs_114-clausura-jovenes12

MENCIÓN ESPECIAL EN ITALIA

Volvemos do Timeline filme festival de Carate Brianza (Milán) cunha mención especial que recoñece a calidade da curtametraxe Vidas en sombra creada por alumnado de 1º de bacharelato na materia Cultura audiovisual. A experiencia para os dous alumnos e o profesor que acudiron á cita invitados como finalistas foi extraordinaria pola hospitalidade da organización e a convivencia coas delegacións doutros países participantes como Austria, Croacia e a propia Italia. O intercambio de experiencias educativas de formación audiovisual permítenos enriquecer o noso proxecto co obxectivo de conseguir unha educación integral do alumnado do centro.
Parabén aos creadores de Vidas en sombra por este novo recoñecemento.

603046_463001683784996_139482340_n

FINALISTAS EN ITALIA E VALENCIA

A curtametraxe “Vidas en sombra” feita polo alumnado de 1º bacharelato na materia Cultura Audiovisual é finalista do TIMELINE FILM FESTIVAL de Carate Brianza (Italia) e acudirán a dito festival dous alumnos e o profesor responsable da materia, Sergio Clavero invitados pola organización entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Os alumnos convivirán con familias do IIT Leonardo da Vinci organizadora do festival. É o tercero ano que as curtas creadas no IES Cacheiras son finalistas en dito festival.

Tamén recibimos a nova da selección como finalista da obra “Spots sociais” feita polo alumnado de 4º ESO da materia “Linguaxe audiovisual e medios dixitais” e 1º bacharelato en Cultura Audiovisual no Festival CINEMA JOVE de Valencia. Acudirán dous alumnos invitados pola organización ás numerosas actividades do mesmo entre o 21 e o 24 de xuño. É o cuarto ano consecutivo no que unha curta do IES é seleccionada finalista e nalgún caso recompensada cun premio.

Estes son os novos recoñecementos ao excelente traballo do noso alumnado nas materias Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 3º e 4º ESO e Cultura audiovisual de 1º bacharelato.

 
Noraboa.
cartel
VIDAS EN SOMBRA.

CADERNO DE RODAXE

Inauguramos unha nova iniciativa de Aturuxo films. O blog CADERNO DE RODAXE vaise converter nun diario do alumnado de 4º ESO que cursa a materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais. Nel vaise reflectir o día a día no proceso de creación dunha curtametraxe que xa iniciaron. Con esta iniciativa queremos que a comunidade educativa coñeza como se realiza unha obra audiovisual, cuales son as funcións a desempeñar, as dificultades que van xurdir e como as resolven os alumnos e alumnas.
Esperamos que sexa do voso interese e animámosvos a SEGUIR ESTE BLOG introducindo o voso email na subscrición deste e a participar cos vosos comentarios, suxestións, preguntas

cropped-grc3a1fico1

FINALISTAS NO CERTAME ¡NO TE CORTES!

A curtametraxe Spots sociais creada por numeroso alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato foi finalista do PREMIO AO COMPROMISO SOCIAL do certame de curtametraxes xuvenil ¡NO TE CORTES! organizado pola Fundación VOCES para a conciencia e o desenvolvemento e o Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (CILIJ) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

Noraboa aos autores polo recoñecemento.

LA EDUCACIÓN PROHIBIDA

Recomendo a longametraxe arxentina independente “LA EDUCACIÓN PROHIBIDA” que parte da preocupación polo futuro da Educación e que facilita a reflexión e o debate sobre moitos dos aspectos da formación.

Accede a súa web e poderás visionala, descargala e opinar sobre ela.

EDUCACIÓN AUDIOVISUAL

Como sabedes a experiencia educativa ATURUXO FILMS propón formar espectadores críticos a través de tres líñas de actuación: o coñecemento da sintaxis da linguaxe audiovisual, a análise de fragmentos de filmes e da publicidade e a creación de obras cun traballo colaborativo.

Neste programa de TVE, que debate sobre a educación audiovisual, establécense unha serie de argumentos que coinciden plenamente  cos fundamentos, os obxectivos e a metodoloxía de ATURUXO FILMS.

MOI INTERESANTE QUE O MIREDES

EDUCACIÓN AUDIOVISUAL

VIDAS EN SOMBRA

Estrea da curtametraxe  VIDAS EN SOMBRA na rede a través da nosa canle de TV ATURUXO FILMS. A curtametraxe creada polo alumnado de Cultura audiovisual foi finalista no Encontro xuvenil de CINEMA JOVE de Valencia, na Mostra de cine xuvenil de VIGO e nos Premios FUNDACIÓN TELEFÓNICA á innovación educativa 2012 formando parte do proxecto educativo ATURUXO FILMS. CREACIÓN AUDIOVISUAL.

O ESPERTAR

Comezamos o curso 2012-13 na educación audiovisual con 40 novos alumn@s de 3º e 4º ESO. E para celebralo estreamos a curtametraxe O ESPERTAR na Calne de TV de Aturuxo films. Foi creada por alumnado de 4º ESO na materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais.

FINALISTAS PREMIO FUNDACIÓN TELEFÓNICA INNOVACIÓN EDUCATIVA

A experiencia educativa de creación e formación audiovisual ATURUXO FILMS que se está desenvolver no IES Cacheiras foi seleccionado FINALISTA do PREMIO FUNDACIÓN TELEFÓNICA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA no que participan máis de 2.200 profesores de IBEROAMÉRICA. Nesta XIII edición preténdese incentivar a integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación nos procesos de ensinanza.

Noraboa a todo o alumnado que participou nesta experiencia polo seu extraordinario traballo e esforzo, por aprender a traballar en grupo colaborativamente e demostrar que hai outros métodos de aprendizaxe onde tamén a creatividade e as novas tecnoloxías son protagonistas.

“Ha sido una tarea complicada, ya que la calidad de los trabajos presentados es muy alta, pero después de mucho deliberar, ya tenemos el listado de trabajos seleccionados, que podéis consultar como siempre en Delicious. Ahora el Jurado seguirá trabajando en la dura tarea de seleccionar los trabajos ganadores.

¡Enhorabuena a todos los finalistas y a todos los participantes por vuestro gran trabajo!”