La aventura del saber: Cinema Jove Humanidades – RTVE.es.
Reportaxe de TVE sobre o Encontro Audiovisual de xóvenes de CINEMA JOVE celebrado en Valencia en xuño e onde participamos ca curtametraxe Enredado que gañou a Mención o mellor Son.
ALFABETIZACIÓN CINEMATOGRÁFICA
La aventura del saber: Cinema Jove Humanidades – RTVE.es.
Reportaxe de TVE sobre o Encontro Audiovisual de xóvenes de CINEMA JOVE celebrado en Valencia en xuño e onde participamos ca curtametraxe Enredado que gañou a Mención o mellor Son.
Un ano máis participamos no certame audiovisual OUFF escola que vaise celebrar en outubro. Nesta ocasión coas obras A UN PASO curtametraxe de ficción e SPOTS SOCIAIS conxunto de spots de sensibilización en temas como a igualdade de xénero, o medio ambiente e educación para a paz, entre outros. Este ano a principal novidade é a inclusión do premio do público. Anímovos a que votedes na web de ouff escola seguindo ás instruccións.
Accede pinchando na imaxe
Como xa sabedes este ano tamén participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove celebrado en Valencia. Unha experiencia moi interesante onde os 47 centros seleccionados mostran o seu traballo na creación audiovisual. Nesta edición acudimos, ca curtametraxe ENREDADO, Daniel Cajade en representación dos catorce compañeiros ca fixeron e Sergio Clavero como profesor responsable. Ademáis das proxeccións de tódalas curtas programáronse algunhas actividades moi interesantes como o visionado do filme O gabinete do doctor Caligari coa interpretación da súa banda sonora en directo.
Este ano tivemos premio ca mención especial do xurado ao mellor son.
NORABOA a tod@s
DANIEL CAJADE PASCUAL / MARÍA REGO SILVA
TANIA MUNÍN SEGADE / LAURA QUEIRO LORENZO
XEILA DOPAZO FERREIRA / ANDREA CAMPOS MENDOZA
LAURA MARINA MONTES CAMIÑO / NATALIA GARCÍA GARRIDO
LORENA FERNÁNDEZ DUVAL / VÍCTOR HUGO NÚÑEZ PÉREZ
BRAIS RODRÍGUEZ BOUZAS / ROI MÉNDEZ MARTÍNEZ
Un ano máis estamos seleccionados no Encontro Audiovisual de Xóvenes de Cinema Jove de Valencia. Nesta ocasión participamos coa curtametraxe ENREDADO feita polo alumnado de Cultura Audiovisual. Celébrase do 18 ao 21 de xuño e acudiremos invitados pola organización para asistir ás proxeccións das curtas participantes e presentar a experiencia educativa que desenvolve o IES Cacheiras no campo da formación e creación audiovisual. Esperamos poder representar con dignidade a tódala comunidade educativa.
Un dos obxectivos de Aturuxo films é a difusións das actividades e curtametraxes feitas polo alumnado do centro. Pinchando na imaxe atopades a ficha da curtametraxe Pequenas obsesións que participou o curso pasado no certame internacional de cine CINEMA JOVE de Valencia e que está colgada na súa web.
ATURUXO FILMS organiza a proxección das curtas feitas nas optativas Linguaxe audiovisual e medios dixitais e Cultura Audiovisual polo alumnado do centro no curso 2009-10 e 2010-11. Trátase dun preestreno dalgunhas das obras que se completará cun pase completo ao final de curso.
| MARTES 12 ABRIL | |
| 3ª HORA | 2º ESO |
| 4ª HORA | 3º ESO |
| 5ª HORA | 4º ESO |
LUGAR: SALÓN DE ACTOS
PROGRAMA
ESTADES TOD@S CONVIDAD@S
Dous spots sociais creados polo alumnado de Cultura Audiovisual foron seleccionados no Concurso Internacional de Spots Sociais ZUREVISION 2011 organizado pola ONG Mugarik Gabe. Como na edición anterior os nosos spots van ser proxectados nas diferentes sesións da Mostra de Cine e Cooperación ZUREVISION que vaise celebrar en Bilbao, Vitoria-Gasteiz e Donostia. O tema desta edición foi as violencias machistas co obxectivo de sensibilizar sobre aquelas violencias que sofren as mulleres como manifestación da discriminación e da situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de poder dos homes sobre as mulleres.
Tamén foi seleccionado o spot Hai saída feito no curso de formación do profesorado e que tedes no Canal de TV Aturuxo films e neste blog.
No seguinte enlace tedes o programa da Mostra.
http://www.mugarikgabe.org/pdfcine/prozurevision.pdf
Noraboa a tódolos autores e sorte.
Dentro das inquietudes de Aturuxo films, como ben sabedes, está extender a educación audiovisual nos centros de ensinanza de Galicia. Por iso propuximos aos centros de formación do profesorado a posibilidade de crear un curso de creación audiovisual dirixido aos docentes de debuxo. Deste xeito a experiencia educativa que estamos desenvolvendo no IES Cacheiras pódese trasladar a outros centros.
Froito deste curso, xa celebrado en novembro, son estes catro spots sociais feitos na fase experimental e que son un bo exemplo do excelente traballo que fixeron os participantes.
Na páxina web da Mostra de Cine e Cooperación pódense visionar os spots sociais seleccionados na edición do 2010 e que foron proxectados nas salas de cine de Euskadi. Entre eles dous spots creados polo alumnado do IES de Cacheiras na materia Cultura Audiovisual de 1º de bacharelato titulados Igualdade no traballo e Sobran as palabras.
Bota a andar a 24ª edición de Cineuropa, que ten lugar do 10 de novembro ao 3 de decembro e que proxectará en cinco salas da cidade 130 filmes chegados desde todas as partes do mundo, cunha atención especial ao cinema feito aquí, no noso país. E sempre cinema comprometido e de calidade, que lle permite á audiencia mergullarse noutras culturas e coñecer de preto outras realidades para obter unha visión máis ampla do mundo.
Tedes unha excelente oportunidade de ver en Santiago de Compostela filmes dunha grande calidade. Consultade o programa:
Presentamos un documento que fai un resumo dos argumentos, obxectivos e importancia da ensinanza da linguaxe audiovisual nos centros educativos e que aparecen no Libro Blanco da Educación Audiovisual que xa tedes completo neste blog.
Recomendamos a súa lectura para comprender mellor a importancia da labor educativa que se está a realizar neste centro para unha completa formación do alumnado.
Benvidos a un novo curso que iniciamos ca mesma ilusión e gañas de traballar na formación audiovisual. Nesta ocasión temos 21 alumnos e alumnas na materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais en 3º ESO e 22 na materia Cultura Audiovisual de 1º de bacharelato.
Aínda están pendentes de estreno as curtametraxes feitas polo alumnado do curso 2009-10 pero a modo de avance aquí tedes os carteis das mesmas.
Esperamos facer o estreno durante este trimestre para toda a comunidade educativa pero xa informaremos das datas máis adiante.
A curtametraxe Pequenas obsesións tivo unha moi boa acollida no Encontro Audiovisual de Xóvenes celebrado en Valencia dentro do Festival Internacional de cine CINEMA JOVE aínda que non obtivemos premio. A experiencia foi moi interesante xa que permitiunos compartir experiencias con centros de ensino de toda España e chegar a algunhas conclusións que mellorarán o noso proxecto educativo no ámbito da linguaxe audiovisual.
Asistimos as proxeccións de curtas feitas en centros de primaria, secundaria e escolas de cine comprobando o estupendo traballo que se está a facer e presentamos o proxecto educativo que se está a desenvolver no IES Cacheiras. Participamos nos debates sobre a educación do audiovisual e proxectos de cooperación con outros centros e as posibilidades que oferta o Instituto de Tecnoloxías Educativas.
Tamén asistimos a proxección da longametraxe de Lotte Reiniger As aventuras do príncipe Achmed , animación de siluetas, coa interpretación en directo da súa banda sonora. Un espectáculo único.
Por suposto tivemos tempo de facer turismo por Valencia e recorrer as súas rúas.
A curtametraxe Pequenas obsesións foi seleccionada a competición no Encontro Audiovisual de Xóvenes do 25 Festival Internacional de Cine CINEMA JOVE. O Encontro Audiovisual comezará en Valencia o 19 e rematará o 22 de xuño coa entrega de premios. A organización invita ao profesor responsable e dous dos alumnos creadores da curtametraxe para presentar a experiencia didáctica que se está a desenvolver no IES de Cacheiras.
Esperamos poder acudir e representar ao instituto como se merece.
Noraboa a tódolos creadores.