MÁIS ALÓ está creada por alumnas de 4º ESO e aborda a problemática da vida virtual.
ALFABETIZACIÓN CINEMATOGRÁFICA
MÁIS ALÓ está creada por alumnas de 4º ESO e aborda a problemática da vida virtual.
Continuamos con estreas de curtametraxes creadas no curso 2014/15 sobre o uso das novas tecnoloxías e as relacións sociais.
Skate está creado por alumnado de 4º ESO nun excelente traballo cunha idea clara e moi ben expresada.
Para celebrar o décimo aniversario do proxecto ATURUXO FILMS estamos a traballar nun retrato colectivo no que participa alumnado actual e pasado desta experiencia educativa, profesorado, universitarios do Master de Profesorado de Artes Plásticas da Facultade de Ciencias da Educación da USC e adolescentes e mozas do proxecto 12Nubes que é unha experiencia pedagóxica que desenvolve o Programa Municipal de Educación de Rúa do Concello de Vitoria-Gasteiz e que vincula a acción educativa formal coa do espazo non formal promovendo a reflexión en rede, a participación da cidadanía e a integración social. Cada un deles realizou unha pequena peza audiovisual onde expresa emocións propias da súa idade e o seu percorrido vital. Unha selección formará este retrato colectivo.
Por outra banda continúan os éxitos das nosas curtametraxes En Liña e Máis Aló proxectados como finalistas no Festival Internacional MICE de Valencia, o Festival FOCO de Fuente Obejuna (Córdoba) e o International Youth Film Festival de Plasencia. Tamén fomos convidados a presentar o proxecto Aturuxo Films e unha selección das nosas curtametraxes no Festival MUVIES de Madrid onde acudiron o profesor e tres alumnos e alumnas do centro.
Este curso participamos no proxecto europeo CINED que ten como obxectivo que un gran número de nenos e mozos poidan acceder ao cinema europeo e descubrir a súa diversidade cinematográfica, cultural e lingüística. O día 12 de xaneiro asistimos a primeira das tres proxeccións no Teatro Principal de Pontevedra co filme Pierrot le fou de Jean Luc Godard.
Tras a proxección o alumnado do IES de Cacheiras interveu nun interesante debate sobre as intencións, temáticas e solucións expresivas e técnicas do director baixo a moderación do equipo de Novos Cinemas.
Doutra banda seguimos participando en foros sobre alfabetización cinematográfica nas aulas e, nesta ocasión, convidados pola organización do Foro do Festival Las otras miradas / Begiradak Festival de Donostia xunto a, entre outros profesionais do cinema e a educación, Lolo Rico, Michel Gaztambide e Blanca Zaragüeta. Un debate moi enriquecedor onde se sacaron importantes conclusións para seguir desenvolvendo a partir de agora.
E temos que facer mención a un novo recoñecemento ao proxecto Aturuxo Films como finalista da VII edición dos Premios MEP de Boas Prácticas Educativas 2016 onde se presentaron 240 proxectos de todo o estado.
Durante estas semanas iniciais de curso realizamos moitas actividades para difundir as creacións do alumnado e o proxecto educativo de alfabetización cinematográfica.
O 4 de outubro o Festival Internacional de Cinema CURTOCIRCUÍTO deunos a oportunidade de ser os protagonistas da súa sección Canteiras cun acto de presentación do proxecto e a proxección das curtametraxes creadas polo noso alumnado así como a interpretación en vivo das músicas creadas polo o alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela cos que participamos no proxecto conxunto IMAXINANDO MÚSICAS cun diálogo entre cinema e música. O acto celebrouse no Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC cun gran éxito de público que tivo a oportunidade de dialogar co alumnado de ambos os centros que crearon as obras.
Tamén este proxecto presentouse cun relatorio no II Foro Cinema e Educación do Festival de Cinema Vía da Prata de Villafranca de los Barros o 8 de outubro onde ademais Rafa Rey obtivo o premio ao mellor actor polos videoclips Cruzei Mares e Um livro estranho creados por Sergio Clavero para o álbum Desconhecido de BERLAI.
Tamén presentouse o proxecto no Encontro de Boas Prácticas organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez o 12 de novembro en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca).
Temos tamén unha boa noticia para a curtametraxe PERSOAS que gañou o PREMIO CORTITOS do Festival Internacional de Curtametraxes de Bellavista, Buenos Aires en Arxentina. PARABÉNS.
Este curso 2016-17 iníciase repleto de novidades como a incorporación dunha nova optativa de libre configuración do centro Cultura Cinematográfica en 2º de bacharelato que reflexionará sobre a esencia do cinema ao longo da historia entre o documental e a ficción a través da experimentación e o debate. Na materia optativa de Cultura Audiovisual de 1º bacharelato matriculáronse 28 alumnos e alumnas e seguimos coa alfabetización cinematográfica na ESO a través da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual.
Tras os numerosos premios logrados polas curtametraxes creadas polo noso alumnado en diferentes festivais o curso pasado chegan novos recoñecementos para o proxecto educativo ATURUXO FILMS protagonizando a sección CANTEIRAS do Festival Internacional de Curtametraxes CURTOCIRCUÍTO que se vai a desenvolver o martes 4 de outubro ás 16:30 h. no Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC e a o que estades todos convidados. Proxectaranse curtametraxes dos ultimos anos e as obras producidas no proxecto IMAXINANDO MÚSICAS en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela que como sabedes pretende crear un espazo de creación ao alumnado de ambos os centros cun diálogo entre cinema e música. O alumnado presentará as suas curtametraxes e interpretaranse en vivo algunhas das músicas xunto á proxección.
Doutra banda imos participar como relatores no II Foro Cinema e Educación do Festival Internacional de Cinema Vía da Prata de Estremadura para trasladar aos participantes o proxecto de alfabetización cinematográfica que se desenvolve no centro.
E, ademais, este curso van cumprir 10 anos do inicio deste proxecto educativo que foi crecendo ata converterse nun referente na alfabetización cinematográfica nas aulas. Esperamos poder celebralo máis adiante con todos os que participastes do mesmo e, en especial, con todo o alumnado que espero aprendese e gozase da experiencia.
A curtametraxe EN LIÑA creado polo alumnado do IES de CACHEIRAS gañou o 1er premio do Encontro Audiovisual de Xóvenes do Festival CINEMA JOVE de Valencia celebrado entre o 18 e o 20 de xuño. Esta curtametraxe xa recibira nos últimos 15 días o Premio Fotoxénico do Festival OLLOBOI de Boiro e o segundo premio en CINEDFEST de Tenerife.
A curtametraxe creouse dentro do proxecto educativo ATURUXO FILMS (Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación) creado e coordinado polo profesor de debuxo Sergio Clavero. Tamén enmárcase no proxecto de colaboración co CMUS de Santiago IMAXINANDO MÚSICAS onde se desenvolve un espazo de creación visual e musical para o alumnado de ambos os centros coa coordinación no CMUS do profesor de guitarra Xosé Antonio Rodríguez. Os autores son Miguel Calvo, Álvaro Silvade e Marta Calvo con música de Sandra Galera e a interpretación protagonista de Oliver Angermann entre outros colaboradores. Tanto o profesor como Miguel e Oliver puideron gozar das numerosas actividades do festival e expoñer este proxecto educativo que se desenvolve no centro.
ATURUXO FILMS ten como obxectivo principal a alfabetización cinematográfica do alumnado a través dun aprendizaxe baseado en proxectos e desenvólvese no centro dende o ano 2007 con máis de 400 participantes a través de optativas e a materia Educación Plástica e Visual fundamentalmente. Este proxecto e o seu alumnado obtivo numerosos recoñecementos e premios en festivais nacionais e internacionais e estase convertendo nun proxecto de referencia na alfabetización cinematográfica a nivel nacional.
O luns 13 de xuño presentouse o proxecto de creación cinematográfica e musical IMAXINANDO MÚSICAS que desenvolven conxuntamente alumnado de ATURUXO FILMS e do CMUS de Santiago de Compostela onde se desenvolveu o acto. Neste proxecto coordinado polos profesores Sergio Clavero (Aturuxo films) e Xosé Antonio Rodríguez (CMUS) preténdese crear un espazo onde o alumnado poida desenvolver o seu talento creativo no ámbito cinematográfico e musical cunha formación e metodoloxía activa.
Froito dese traballo proxectáronse dúas curtametraxes creadas por alumnado do IES de Cacheiras dentro do proxecto de alfabetización cinematográfica Aturuxo Films para os que alumnado do CMUS compuxo a música (PERSOAS e EN LIÑA) e tamén as creacións visuais inspiradas na música composta no CMUS por Sandra Galera e Inés Mirás (Vals e Vals nº2).
Excelente o traballo de todo o alumnado.
Seguimos coa estrea de curtametraxes de temática redes sociais e contorna persoal e nesta ocasión con EN LIÑA creado por Marta Calvo, Álvaro Silvade e Miguel Calvo con música composta e interpretada por Sandra Galera dentro da colaboración entre ATURUXO FILMS e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión temos que felicitar aos seus creadores e a todos os actores e actrices participantes polos dous premios conseguidos recentemente en CINEDFEST que se celebra en Canarias e no Festival OLLOBOI que como sabedes organízase en Boiro con gran éxito. E dentro de dúas semanas participamos no Encontro Audiovisual de Xóvenes de CINEMA JOVE en Valencia.
PARABÉNS!!
Miguel e Marta Calvo en Olloboi.
Tras estes dous anos transcorridos desde a estrea da curtametraxe Persoas no Centro Sociocultural de A Ramallosa de TEO e posteriormente no CGAC de Santiago de Compostela é o momento de facer balance. En primeiro lugar destacar de novo o excelente traballo realizado polo alumnado participante e a oportunidade de contar coas interpretacións de actores e actrices do grupo de teatro Chévere e a colaboración do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela para a composición, interpretación e gravación por parte do seu alumnado da música. A confluencia do talento de todos eles é o que fai especial a esta obra que, ademais, aborda un tema moi de actualidade como é o dos migrantes que ven obrigados a abandonar os seus fogares fuxindo de conflitos bélicos, da pobreza, da falta de liberdades… e faio centrándose nos sentimentos e emocións das persoas.
Neste tempo a curtametraxe percorreu certames e festivais de medio mundo con numerosos recoñecementos que enumeramos a continuación:
PREMIO ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL 2014. Ministerio de Educación.
1º PREMIO OUFF ESCOLA 2014. Ourense.
PREMIO DO PÚBLICO CERTAME NO TE CORTES 2014. Madrid.
1º PREMIO PELEÓN OLLOBOI 2015. Boiro.
1º PREMIO LINGUAS MINORITARIAS BEGIRADAK FESTIVAL 2015. Donostia.
E proxectouse tamén como finalista nos seguintes festivais:
PLURAL PLUS ONU 2014. Nova York.
ENCONTRO AUDIOVISUAL DE XÓVENES CINEMA JOVE 2014. Valencia.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE PONFERRADA 2014.
FESTIVAL CINE SOLIDARIO KO&DIGITAL 2014. Barcelona.
FESTICORTOS 2014. Córdoba (Arxentina).
FORO INTERNACIONAL CINEMA PEQUENAS NACIÓNS, ALFABETIZACIÓN FÍLMICA E NOVAS AUDIENCIAS 2014. Facultade Ciencias Comunicación USC. Santiago.
FESTIVAL INTERNACIONAL CINE INFANTIL E XUVENIL 2014. Mérida (Venezuela).
SELECTIVA ÚNICA 2014. Barcelona.
FESTIVAL INTERNACIONAL INFANCIA E ADOLESCENCIA 2014. Bogotá (Colombia).
INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL 2015. Plasencia.
FORUM INTERNACIONAL PLATAFORMA UNIAL 2015. La Habana (Cuba).
KONTRABANDO FILM FESTIVAL 2015. Mallorca.
FINALISTA AUTONÓMICO PREMIO ACCIÓN MAXISTRAL 2014. Fundacións FAD e BBVA.
Se non o viches aínda aquí tes unha nova oportunidade.
PARABÉNS RAFA, LARA, OLALLA, SANDRA, CARLOS, EDUARDO, IAGO, DANIEL, BRAIS, NICOLÁS, TANIA, INÉS, ALEX, ANDREA, JESSICA, IÑIGO, PABLO, JAVIER, ALEJANDRO, PATRICIA, XESÚS, ARANTZA, MÓNICA, PEPE, TOBÍAS, MANUEL, BORJA, TERESA, LORENA, ARTURO, ÁLVARO, PABLO, XOSÉ ANTONIO e toda a COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE CACHEIRAS e do CMUS DE SANTIAGO.
Seguimos coa estrea de novas curtametraxes creadas en 4º ESO o curso 2014-15. Iniciamos aquí unha serie que trata o tema da influencia das redes sociais na nosa contorna persoal. O primeiro o titulado AISLADO.
Coma xa sabedes o obxectivo principal de Aturuxo films é a alfabetización cinematográfica do alumnado a través dun proceso de aprendizaxe baseado en proxectos onde a creación é o motor fundamental. Froito deste proceso xorden as curtametraxes que xa coñecedes e que tedes a vosa disposición no noso Canal de Youtube.
Iniciamos a publicación de diferentes curtametraxes creadas polo alumnado nos últimos anos. No curso 2013-14 na materia de Cultura Audiovisual en 1º de bacharelato creouse a curtametraxe Traizón.
Xa iniciamos un novo curso con 35 alumn@s repartidos nas optativas específicas de Cultura Audiovisual en 1º de bacharelato e Linguaxe Audiovisual en 4º ESO. Estamos a traballar cun novo proxecto froito da colaboración co Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela. Esta proposta do CMUS chega a través de Xosé Antonio Rodríguez, profesor de guitarra e coordinador deste proxecto conxunto; consiste na composición de temas musicais por parte do seu alumnado e que inspirarán ao noso obras audiovisuais posteriormente. É un gran reto creativo para todos xa que inviste o proceso habitual de obra audiovisual e posterior composición de banda sonora. Nesta dirección seguimos traballando e estanse creando as músicas de obras creadas o curso pasado.
Doutra banda seguimos divulgando o proxecto de alfabetización audiovisual ATURUXO FILMS e o 30 de outubro estaremos en Madrid co relatorio ATURUXO FILMS, proxecto de alfabetización audiovisual nas aulas dentro de SIMO EDUCACIÓN. Tamén participaremos o 5 de novembro na VIII Xornada de Recursos educativos en galego. Educación Artística na Facultade de Ciencias da Educación da USC en Santiago de Compostela.
O proxecto de alfabetización audiovisual Aturuxo Films segue suscitando interese e, nesta ocasión, fomos entrevistados polo programa europeo FRED AT SCHOOL. Este é un proxecto innovador que pretende impulsar a alfabetización cinematográfica entre o público novo utilizando a radio dunha forma moderna e estimulante.
Tamén recibimos novos recoñecementos ao excelente traballo realizado polo alumnado. A curtametraxe PERSOAS recibiu o premio Peleón no festival Audiovisual OLLOBOI celebrado o sábado 30 de maio na Casa de Cultura de Boiro. Esta curta, ademáis, foi proxectada como finalista no Festival Internacional de Cine e Audiovisual Infantil e Xuvenil de Mérida en Venezuela e no 78 Certamen estatal de vídeo no profesional selectivo UNICA 2015 de Barcelona.
O sábado 18 de abril presentamos o proxecto ATURUXO FILMS nas Xornadas EscolaTIC celebradas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Cunha organización perfecta, asistimos tamén a numerosas ponencias moi interesantes sobre educación, metodoloxías innovadoras e ferramentas TIC.
Por outra banda, a curtametraxe PERSOAS segue o seu percorrido por diferentes festivais e nesta ocasión foi seleccionado finalista no Certame Selectivo UNICA 2015 e vai ser proxectado o mércores 13 de maio en Barcelona. Agora un xurado vai seleccionar aos representantes de España no Concurso Mundial UNICA patrocinado pola UNESCO que vaise celebrar en St. Petersburg.